Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.936

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de arrendamento e mantemento de dúas fotocopiadoras.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 10 de outubro de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, das 12 ás 14 horas, desde o día 1 ata o día 10 de outubro de 2001 (incluídos). Para máis información chamen ó teléfono: 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061