Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación número 2 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria do campus universitario de Vigo (expediente 6196/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 23 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 2 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria no campus universitario das Lagoas-Marcosende (expediente 6196/411), segundo a documentación presentada polo Vicerrectorado de Planificación da Universidade de Vigo, e redactada polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero, da unidade técnica da universidade.

Segundo.-Proceder ó trámite de información pública do expediente, polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, conforme o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e notificación ós directamente interesados por el.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio de xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo