Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 3 de agosto de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do polígono FF do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) das Arrepentidas, promovido por Residencial Camelias, S.L.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo