Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación da zona do Castañal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto:

a) Obxecto: execución das obras do proxecto.

b) Prazo: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 16.600.000 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías:

a) Provisional: 332.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación do concello, praza de España, Pontevedra, 36071. Telf./fax: 986 80 43 00/86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 12 de setembro de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado da área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral