Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación das obras de acondicionamento e pavimentación da rúa da Canda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 18.825.000 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: a) provisional: 376.500 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación. Praza de España. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentación: vinteseis (26) días naturais a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 21 de agosto de 2001.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental