Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de xullo de 2001, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, da obra municipal denominada 1ª fase (estructura) de edificio dedicado a centro sociocultural A Senra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral, Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para centro sociocultural.

b) Lugar de execución: estrada A Senra (parroquia de Bergondo).

c) Prazo de execución: 7 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 33.101.149 pesetas (IVE incluído) (198.941,92 euros).

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral, Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo C-2, categoría C.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 12 e nos anexos II e III do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios:

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 17 de setembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente