Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por Decreto 499/2001 aprobáronse as bases que rexerán as convocatorias das prazas de funcionarios de carreira seguintes:

Unha praza de administrativo/a, unha praza de traballador/a social, dúas prazas de gardas de policía local e unha praza de auxiliar de policía local.

As referidas bases foron publicadas integramente no BOP nº 201, do 21 de setembro de 2001. De conformidade co disposto nelas, establécese un prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOE, para a presentación de instancias en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que se formalizarán no modelo facilitado nas oficinas municipais e deberán ir xunto coa documentación indicada nas bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Bergondo, 17 de maio de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente