Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización da terceira fase do proxecto Internet/Intranet do Servicio Galego de Saúde (S-372/2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela (www.sergas.es).

2. Categoría da asistencia e descrición: 7, nº de referencia CCP 72130000. Consultoría e asistencia para a realización da 3ª fase do proxecto Internet/Intrenet do Servicio Galego de Saúde.

-Orzamento total: cento setenta e dous millóns oitocentas noventa e tres mil seiscentas cincuenta e oito pesetas (172.893.658 pesetas), equivalentes a 1.039.111,81 euros.

3. Lugar de execución: Galicia (España).

4. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-la asistencia: desde a súa sinatura ata o 30 de xuño de 2002.

8.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: en (vid supra, punto 1).

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 9 de outubro de 2001.

9.a) Data límite de recepcióin das ofertas: 16 de outubro de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en (vid supra, punto 1).

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte), ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde a data de finalización do prazo de recepción de ofertas.

10. Garantías esixidas: garantía provisional do 2% do orzamento de licitación.

11. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboamento en conta.

12. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de envío do anuncio de información previa: 1-6-2001.

17. Información complementaria: en (vid supra, punto 1).

18. Data de envío do anuncio: 21 de setembro de 2001.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

20. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos