Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de peixe conxelado para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 62/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: en almacéns e cociñas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, sinaladas polo Servicio de Hostalería do CHUS.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de peixe conxelado, estructurada nun único lote:

ArtigoPrezo

unitario

(pesetas)

Consumo

estimado

Orzamento

estimado

(pesetas)

Orzamento

estimado

(euros)

Bertorella nº 34507.7003.465.00020.825,07

Lombos de bacallao6504.4802.912.00017.501,47

Pescada austral nº 480038.22030.576.000183.765,46

Filete de pescada4504.9002.205.00013.252,32

Rapante4006.3002.520.00015.145,51

Filete de mero5803.0801.786.40010.736,48

Róbalo en toros7151.120800.8004.812,90

Rosada5404.2002.268.00013.630,95

Toro de salmón5604.6502.604.00015.650,36

Zurdo liso585294171.9901.033,68

Anela de lura4557.1403.248.70019.525,08

Choco4402.8001.232.0007.404,47

Berberecho340840285.6001.716,49

Camarón de Groenlandia590560330.4001.985,74

Carne de cangrexo500840420.0002.524,25

Gamba pelada500420210.0001.262,13

Mexillón4501.078485.1002.915,51

Porcións de pescada4002.016806.4004.846,56

Tubo lura4402.5201.108.8006.664,02

Importe: 57.436.190 pesetas (cincuenta e sete millóns catrocentas trinta e seis mil cento noventa pesetas).

345.198,45 euros (trescentos corenta e cinco mil cento noventa e oito euros con corenta e cinco céntimos).

Duración: catorce meses, desde o 1 de novembro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar o prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 22 de outubro de 2001.

c) No seu caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de propostas: 29 de outubro de 2001.

En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de Xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas:

Garantía provisional: si, 2% do orzamento de licitación: 1.148.724 pesetas (6.903,97 euros).

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación. 2.297.448 pesetas (13.807,94 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, de acordo coas en base ás entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e

conformadas polo Servicio de Subministracións. A factura detallará o número de pedido, producto e cantidade subministrada.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 7 de setembro de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela