Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2001 pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras de saneamento integral de Carnota (fase II), concello de Carnota.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 22 de febreiro de 2001, o Concello de Carnota aprobou o correspondente proxecto das obras de saneamento integral de Carnota (fase II).

Por Decreto 170/2001, do 20 de xuño, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación este concello, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Carnota para que comparezan no lugar, data e hora que se cita para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello: Carnota.

Local: Casa do Concello de Carnota.

Días:

-24 de setembro de 2001, de Alvela Goyanes, Josefa a Cambeiro Tajes, Antonio.

-25 de setembro de 2001, de Carpintero Siaba, Manuel a Gómez Maceiras, Maribel.

-26 de setembro de 2001, de González Beiro, Manuela a Maceiras Lago, María.

-27 de setembro de 2001, de Maceiras Senande, Dolores a Rama Leis, María.

-28 de setembro de 2001, de Rama Maceiras, José a veciños de Lira.

De 9.30 a 13 horas.

Ó dito acto deberán acudir-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este concello, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola presente ocupación.

Carnota, 14 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado