Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun inmoble co fin de destinalo a almacén xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas.

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola peculiaridade do ben, dados os requisitos funcionais e de situación que debe reuni-lo inmoble, xustifícase, logo de fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun local co fin de destinalo a almacén xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde