Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso C.P. 1/2001, que ten por obxecto a adquisición de material de cobertura cirúrxica para un só uso.

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada por Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos de subministracións que se citan, efectuada logo da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario de Ourense, Servicio de Compras, r/ Ramón Puga, 52, E-32005-Ourense; teléfono: 988 38 59 49, fax: 988 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público polo procedemento aberto.

3. Data de adxudicación dos contratos: 3 de xullo de 2001.

4. Criterios de adxudicación dos contratos: conforme o epígrafe 13 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Número de ofertas recibidas: nove.

6. Provedores:

-Mölnlycke Health Care, S.L. Alcobendas (Madrid).

Importe: 25.377.766 pesetas.

Lotes número: 1 e 2.

-Laboratorios Unitex-Hartmann, S.A. Mataró (Barcelona).

Importe: 5.289.611 pesetas.

Lote nº 3.

-Johnson&Johnson, S.A., Madrid.

-Importe: 18.018.225 pesetas.

Lote nº 4.

7. Obxecto da contratación, número CPA: CPV: 17218200, 33141000. Material de cobertura cirúrxica para un só uso.

8. Prezos.

Lote nº 1: 19.702.227 pesetas.

Lote nº 2: 5.675.539 pesetas.

Lote nº 3: 5.289.611 pesetas.

Lote nº 4: 18.108.225 pesetas.

9. Data de publicación do anuncio no:

Diario Oficial das Comunidades Europeas: 14-3-2001 (2001/S 51-035364/ES).

Diario Oficial del Estado: 20-3-2001 (nº 68).

Diario Oficial de Galicia: 29-3-2001 (nº 63).

10. Data de envío do presente anuncio: 31 de agosto de 2001.

11. Data de recepción do presente anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 21 de agosto de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense