Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental, do 27 de agosto de 2001, do proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira (A Coruña), promovido polos concellos das Pontes de García Rodríguez e Cedeira e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

Segundo o artigo 1.2º da Lei 6/2001, do 8 de maio de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data 7 de xuño de 2001.

O proxecto consiste no transporte dos residuos máis recentes (ata 20-25 anos) do vertedoiro de Cedeira ata o das Pontes de García Rodríguez, co fin de minimiza-la principal patoloxía do primeiro e aborda-la selaxe conxunta no lugar deste último.

No vertedoiro de Cedeira atópanse 13.806 m de residuos repartidos en tres bancos, os dous superiores con 7.854 m de RSU incinerados e un terceiro

banco, de 5.952 m dos que o 20% son RSU, totalmente incinerados e o resto material de escavación. O vertedoiro das Pontes de García Rodríguez, presenta dúas zonas de vertedura, unha de RSU incinerados ou en incineración, cun volume de 18.031 m e outra na que se avaliaron 8.775 m de inertes e entullo de obra ou escavación.

A explotación do vertedoiro de Cedeira realízase en área e terraplén predominando a primeira. Este vertedoiro atópase nunha zona de costa acantilada, de alto valor paixasístico e ecolóxico nunha valgada de gran pendente na ladeira oeste do Monte Candelaria. Atópase dentro do ámbito do espacio natural denominado Costa Ártabra, declarado provisionalmente como espacio natural en réxime de protección xeral e proposto para a sua inclusión na Rede Natura 2000, en virtude da Orde do 28 de outubro de 1999 (DOG nº 216, do 9 de novembro), prorrogada pola Orde do 7 de novembro de 2000 e revisada nas propostas de LIC publicadas na Orde do 7 de xuño de 2001.

Nas proximidades do vertedoiro atópase unha antiga canteira a ceo aberto, aínda que inactiva, o concello de Cedeira arranca puntualmente áridos para as obras municipais. A vexetación máis abundante na zona son as toxeiras e as xestas, ó sur do vertedoiro obsérvanse explotacións de piñeiros e eucaliptos.

No caso do vertedoiro das Pontes de García Rodríguez, trátase dunha explotación en área, aínda que previo o vertedoiro realizouse unha excavación en trincheira con motivo dunha explotación mineira, resultando o lugar actual un recheo parcial do oco xerado. Atópase na marxe dereita do encoro de Ribeira (río Eume) e ó N-NE da capital do municipio. O contorno máis próximo atópase alterado pola existencia previa dunha explotación mineira. A vexetación, fóra dos límites da citada explotación está constituída por monte baixo e repoboacións de eucaliptos, piñeiros e mixtos de ambos.

O proxecto define as medidas destinadas ó confinamento e selaxe da masa de vertedura depositada nos citados vertedoiros en condicións de estabilidade, así como á mellora dos factores ambientais afectados nas proximidades do vertedoiro e propón unha xestión dos lixiviados que se poidan xerar e dos gases procedentes da descomposición da materia orgánica, así como o control das augas de escorrega e as tarefas de acondicionamento xeral co fin de reduci-lo impacto ambiental dos citados depósitos.

Co obxecto de recupera-lo emprazamento prevese realizar no vertedoiro das Pontes de García Rodríguez hidrosementeira nos noiros máis pronunciados (616 m) e unha sementeira no resto do lugar alterado (10.582 m). En ámbolos dous casos utilizaranse as seguintes especies: toxo (Ulex europaeus, 5%), xesta (Citysus scoparius, 5%), dáctilo (Dactilys glomerata, 30%), xoios (Lolium perenne, 15% e Lolium multiforum, 15%), festuca encarnada (Festuca rubra, 5%), trevo (Trifolium pratense, 10%), herba triga (Holcus lanatus, 5%) e avea (Avena sp., 5%).

Ademais, plantaranse 100 estaquiñas de salgueiro (salix spp.) nos noiros de peche e 419 unidades de piñeiro galego (Pinus pinaster) na zona de depósito de entullos e productos de escavación (2.516 m), onde tamén se realizará sementeira, esta última zona non conta con selaxe.

No caso do vertedoiro de Cedeira realizarase sementeira en 3.579 m, coas mesmas especies que no das Pontes de García Rodríguez.

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras recollidas no estudio ambiental presentado.

O estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 15 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 130 do 5 de xullo. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente na Coruña recíbese con data 14 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data 19 de xuño de 2001 consúltase á Dirección Xeral de Saúde Pública, á de Montes e Medio Ambiente Natural, á Demarcación de Costas de Galicia e a Augas de Galicia. Os informes elaborados pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural recíbense o 19 de xullo e o 24 de agosto de 2001. Non tendo constancia da emisión dos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Demarcación de Costas de Galicia e de Augas de Galicia no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No anexo II resúmese o contido do informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula ós sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e os concellos das Pontes de García Rodríguez e Cedeira.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e os concellos das Pontes de García Rodríguez e Cedeira, a obriga de asumi-lo mantemento

e conservación das obras unha vez recibidas será dos concellos das Pontes de García Rodríguez e Cedeira. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinado o documento clausura e selaxe dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira. Abril 2001 e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas nesta declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de clausura e selaxe dos vertedoiros das Pontes de García Rodríguez e Cedeira.

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Haberá que aterse ó disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como ó estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións meteorolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións na cheminea de desgasificación non sexa percibida de forma habitual polas poboacións do contorno, e sé o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

Asimismo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Os vehículos que se van empregar para o transporte de residuos desde o vertedoiro de Cedeira ó das Pontes de García Rodríguez, cubriranse cunha lona ou similar antes de inicia-lo seu traslado, co fin de evitar a xeración de voantes.

4. Sobre as augas.

Para calquera vertedura de efluentes será preceptiva autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

No caso de que a execución do proxecto afecte o dominio público marítimo-terrestre é necesaria a autorización outorgada pola Demarcación de Costas de Galicia.

As regas previstas para evita-la emisión de po efectuaranse de xeito que se humecte o solo, pero non se formen asolagamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos, de tal xeito que non se impida o libre fluxo de auga.

Os lixiviados acumulados no depósito durante o mantemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata unha estación depuradora de augas residuais. Tendo en conta que no proxecto indícase que se procederá o baleirado do depósito cada quince días, terase especial coidado de que non se produzan saídas de lixiviados por rebordo.

Os lixiviados acumulados sobre o terreo serán recollidos e entregados a un xestor autorizado se superan os límites de vertedura recollidos na táboa 3 do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, deberanse colocar sistemas de disipación de enerxía (empedramentos, pequenos diques, etcétera) nos puntos de vertedura. Asimismo, nestes puntos débense impedi-los fenómenos de asolagamento ou deposición.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas e a zona dedicada os labores de mantemento e reparación de maquinaria, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio, restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Previamente á realización de tarefas de mantenemento e reparación da maquinaria, deberán dispoñerse na zona os medios necesarios para evita-la chegada de verteduras accidentais ó solo, facilitando a súa recollida.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para os vertedoiros.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe dos vertedoiros deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Na superficie para revexetar empregarase unha dose mínima de sementes de 300 kg/ha.

As especies que se van utlizar na revexetación deben ser autóctonas da zona.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, procederase á rega regular e á fertilización mineral de reforzo anual, á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e á reposición de faltas no caso de que se produzan.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

Segundo o proxecto, planifícase un peche perimetral cun acceso en cada un dos vertedoiros, debe asegurarse a funcionalidade destes peches en todo momento, así como limita-la entrada no vertedoiro onde se realizará a selaxe só a persoal autorizado.

8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir, ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se van remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar así mesmo a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta, de cada un dos vertedoiros, a escala 1:500 e dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañaranse da relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica das dúas zonas, que reflicta o estado final. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro, e do destino final dos lixiviados acumulados no lugar.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contada desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no anexo 13. Seguimento e avaluación ambiental do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado, indicando os volumes e as súas características.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

c) Volume de lixiviados recollidos no depósito, e analítica dos seguintes parámetros: pH, conductividade, sólidos en suspensión totais, DQO, DBO, fósforo, sulfatos, nitróxeno total Kjeldhal, amonio, nitratos, cloruros, ferro, cinc, cobre, aceites e graxas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais ou nos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes últimos, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se van realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. Os concellos das Pontes de García Rodríguez e Cedeira poderán solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ós concellos o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, os anteditos concellos deberán designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente as obras ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. Esta resolución adoptada por esta dirección xeral, non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

As Pontes de García RodríguezCedeira

LugarConcello das Pontes de García RodríguezMonte Candelaria, concello de Cedeira

Superficie da parcela27.912 m

Superficie para selar8.829 m

Volume de residuos actual26.806 m13.806 m

Volume de residuos para trasladar7.854 m

Volume de residuos para selar25.885 m

Tipos de residuos

RSU incinerados, inertes e entullos

RSU incinerados e material de escavación do propio lugar

Tipo de vertedoiroOco de antiga canteiraCombinado área-terraplén

Uso do vertedoiro30 anos

Situación actual e situación prevista do vertedoiro das Pontes de García Rodríguez coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo natural

Só nas novas a ocupar

Drens lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonSi

TratamentoNonDepósito de almacenamento de lixiviados e traslado a EDAR

GasesDrensNonSi

CaptaciónNonSi, 1 pozo

TratamentoNonInstalación básica

PluviaisGabias de recollida perimetral NonSi

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/capa impermeableNonSi

Terra vexetalParcialmente, cunha capa de 10-15 cm30 cm

VexetaciónNonSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe no vertedoiro das Pontes de García Rodríguez

Superficie do vertedoiro

Capa de drenaxe de gasesGrava estendida sen compactar cunha lámina de xeotéxtil na superficie superior (0,5 m)

Capa de impermeabilizaciónArxila compactada (0,9 m)

Capa de drenaxe de augasGrava sen compactar cunha lámina de xeotéxtil na superficie superior (0,5 m)

Capa de coberturaSolo seleccionado (0,8 m) e terra vexetal (0,3 m)

Situación actual e situación prevista do vertedoiro de Cedeira coa realización do proxecto.

A rexeneración do lugar do vertedoiro de Cedeira consiste nun traslado de 7.854 m de residuos ó vertedoiro das Pontes de García Rodríguez co fin de proceder á súa selaxe conxunta neste último, un remodelado do terreo, achega e estendido de terra fértil, e a unha sementeira.

Resumo das medidas preventivas e correctoras.

-Minimizar e controla-la auga das precipitacións.

-Impedi-la entrada de auga superficial no vertedoiro.

-Recoller adecuadamente os lixiviados.

-Controla-la acumulación de gases no vertedoiro.

-Evita-la dispersión de residuos e o transporte de volantes.

-Evita-lo risco de incendios.

-Suprimi-la proliferación de parasitos, roedores e insectos.

-Adecua-la superficie para a revexetación e rexeración da área.

-Impedi-lo acceso ó lugar e evita-la vertedura incontrolada de residuos.

ANEXO II

Resumo do informe

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite os seguintes informes:

No primeiro deles indica:

Examinada a documentación do expediente do proxecto de clausura e peche dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira, é necesario face-las seguintes consideracións:

-O informe efectuase en virtude das competencias atribuídas a este centro directivo en materia de costas polo Decreto 482/1997, do 30 de decembro, en relación co Decreto 151/1995, do 18 de maio.

-Para a emisión do informe con carácter xeral, é imprescindible que o proxecto conteña os documentos que sinala o artigo 88 do regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei de costas

co obxecto, entre outros extremos, de determina-la competencia autonómica en materia de costas.

-O artigo 25 da Lei de costas prohibe expresamente na servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre a vertedura de residuos sólidos e entullos, polo tanto de incidi-lo proxecto na dita zona, considérase que con este trátase de dar cumprimento á normativa costeira, xa que ten por obxecto a recuperación dun espacio degradado pola presencia dun vertedoiro incontrolado.

-Por último, é necesario recordar a necesidade de autorización da Demarcación de Costas de Galicia se a execución do proxecto afecta ó dominio público marítimo-terrestre.

No seguinte indica:

A documentación entregada está integrada polos documentos titulados:

-Clausura e selaxe dos vertedoiros municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira. Tomo 1 de 2: memoria, prego e orzamento.

-Clausura e selaxe das verteduras municipais das Pontes de García Rodríguez e Cedeira. Tomo 2 de 2: planos.

De acordo con esta documentación e co informe do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural emítese informe no que se recolle:

-As actuacións que se preven recaen sobre dous vertedoiros distintos: o de Cedeira, sitúase nunha zona de costa acantilada na ladeira oeste do Monte Candelaria; o outro é o das Pontes de García Rodríguez.

-O obxectivo do proxecto previsto é definir as medidas destinadas ó confinamento e selaxe da masa de vertedura depositada nos citados vertedoiros en condicións de estabilidade, así como dos factores ambientais afectados nas proximidades dos vertedoiros e propoñer solucións a unha axeitada xestión dos efluentes (biogás e lixiviados), as augas de escorrega e tarefas de integración ambiental en xeral.

-Revisada a documentación presentada exponse que os obxectivos que se perseguen, así como a súa formulación e desenvolvemento, imprimen unha calidade adecuada para a precisa integración ambiental. Non cabe polo tanto máis que referir que se adecue a execución e seguimento posclausura ó establecido no proxecto e estudio ambiental para así mante-los impactos negativos a un nivel de aceptabilidade.

-En todo caso, e con independencia do previsto no plan de vixilancia do estudio ambiental, durante o replanteo e execución deberanse efectuar os controis oportunos para garantir que non se produzan impactos imprevistos. No momento en que se detecte un posible impacto tomaranse as medidas necesarias para evitalo, comunicando ó correspondente servicio de Medio Ambiente Natural tal situación, así como as medidas que se planifica adoptar. En todo caso, paralizaranse aquelas obras susceptibles de producir

a devandita afección. En tanto o organismo competente non se pronuncie.

Infórmase isto sempre dentro do ámbito competencial que lles é propio, sen prexuízo das comunicacións, autorizacións ou outros informes que sexan precisos.