Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51925 ampliación 2000).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171.

Denominación: ampliación central hidroeléctrica de Corcoesto.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Descricións técnicas: modificación e ampliación das instalacións eléctricas de xeración e transformación da central hidroeléctrica de Corcoesto, consistente en:

-Modificación do grupo II de 450 kW, actuando en rodete e distribuidor para 7 m/seg e 12,8 m de salto de potencia nominal de 800 kW na turbina Semikaplan.

-Novo grupo I, tipo Francis de eixe horizontal, caudal nominal de 3 m/seg, salto neto de 12,8 m e potencia nominal de 350 kW.

-Transformador de 1.300 kW. Cabana de Bergantiños.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autoriza-las devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

A Coruña, 14 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña