Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/279-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Boutrín.

Situación: Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 750 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio anterior ó C.T. Galáns ata o C.T. que se proxecta en Boutrín, no Concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 429 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T. subterránea, de 860 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 31 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra