Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa As Carolinas, 6.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 19 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente ó C.T. Ravella alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa As Carolinas 6, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 31 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra