Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-44/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente en data 7-8-2001, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, a denunciada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpor recurso de

alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de agosto de 2001.

P.A: (Decreto 69/1999, do 18 de marzo,

DOG nº 62)

Ana Ortiz Álvarez

Secretaria Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-44/2001-PO.

Denunciado: Jovita González Álvarez.

Último enderezo coñecido: Barreiros, Valeixe, A Cañiza, Pontevedra.

Feito denunciado: oposición ó saneamento das ovellas.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10.2º da Orde do 4 de abril de 1997.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootías do 20-12-1952.

Sanción: 35.000 pesetas.