Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-P-01/077 e P-P-01/081 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de

incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 24 de agosto de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/077.

Denunciado: Antonio Ruano Quesada, El Carmen, 7-1º esqda., Baracaldo, Viscaia.

DNI: 22709479.

Feitos denunciados: pescar en tramo vedado de pesca, negándose a entrega-los aparellos de pesca, ás 12.48 horas do día 6 de maio de 2001, no río Deza ó seu paso por Cira, no concello de Silleda.

Data do acordo de incoación: 26 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia e 91.19º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 65.000 pesetas (390,66 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.

Expediente: P-P-2001/081.

Denunciado: Carlos Castro López, Entenza-Pedracarballa, 9, de Salceda de Caselas.

DNI: 35565319.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, ás 14.58 horas do día 1 de maio de 2001, nun regato afluente do río Miño, ó seu paso pola Aldea, no concello de Tomiño.

Data do acordo de incoación: 28 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas (300,51 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.