Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/396).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sucesores de M. Leira, S.L.

Domicilio social: Cardeita, 30, Cabanas.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. de 1.000 kVA en Cabanas.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 655 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte do apoio anterior ó C.T. Pereiro, de Laraxe e final no C.T. prefabricado para 1.000 kVA, a instalar no polígono I de Vilar do Colo a 15/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña