Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/239-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que foi autorizada administrativamente por esta delegación provincial, con data 4-11-1996 (expediente A.T. 1966/287) e que ten como características especiais as seguintes:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Palmou II.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 424 m de lonxitude, desde a L.M.T. ó C.T. existente de Palmou ata o C.T. que se proxecta en Palmou II, no concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 1 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria da Delegación Provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 01/239-4Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T. Palmou IITermo municipal: Lalín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4O'CampiñoLabradíoManuel Romero CrespoA Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín29290

5O'CampiñoPradoManuel Romero CrespoA Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín20,5027270

8O'CampiñoPradoManuel Romero CrespoA Pedreira-Palmou, 3, 36517 Lalín25250

12Candela da CruzLabradíoRamón Soto FernándezPazos-Palmou, 5, 36517 Lalín55550

13RestreLabradíoNilo González CamposQuintas-Palmou, 11, 36517 Lalín19190