Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a construcción do Centro de Documentación e Arquivo e mellora dos accesos, circulación e comunicación nos campus de Elviña e A Zapateira da Universidade da Coruña.

Resolución pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a dotación de novas infraestructuras de servicios para centros universitarios nos campus da Coruña (Elviña e A Zapateira).

O día 14 de xuño de 2001 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a adquisición de terreos no campus de Elviña que permitan as obras de construcción e equipamento dun edificio para o Centro de Documentación e Arquivo, e para mellora-los accesos e a circulación viaria no campus de Elviña e A Zapateira.

O Consello da Xunta acordou a autorización do devandito convenio de colaboración, na súa reunión do trinta e un de maio de dous mil.

A adquisición dos terreos para a dotación de novas infraestructuras nos campus de Elviña e A Zapateira será realizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como órgano dunha Administración territorial, polo sistema de expropiación, e a Universidade da Coruña será a institución beneficiaria da expropiación, de conformidade co artigo 2 da Lei de expropiación forzosa e cos artigos 4 e 5 de seu regulamento.

As obras motivo de expropiación sitúanse en terreos comprendidos dentro dos polígonos I.1.3, II e III do plan parcial modificado do campus universitario da Coruña, aprobado polo Pleno Municipal en sesión do 18 de outubro de 1991. Os devanditos terreos están situados nos lugares de Rebanles, O Escorial e O Lagar, parroquia de Elviña, concello da Coruña.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola construcción dun edificio para o Centro de

Documentación e Arquivo e a mellora de circulación no campus de Elviña e A Zapateira.

Acórdase tamén a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en nun xornal dos de maior circulación da provincia. Así mesmo, e de acordo co previsto no artigo 145 da Lei do solo, do 24 de marzo, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a a partir da data de notificación. Así mesmo, notificaráselle o Concello da Coruña, dando traslado da resolución.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados individualmente.

Conforme o previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expe

diente a información pública polo prazo dun mes, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que coide convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, podendo examina-lo proxecto nas dependencias do Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña (sala de comisións, nº 2), Rectorado, sito na rúa da Mestranza nº 9, de luns a venres entre as 12 e as 13.30 horas, co fin de que, unha vez informados, os afectados poidan formular por escrito ante o Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto no artigo 145.2º da devandita Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.

P.D. (Orden 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO

Ref.Ref. cat.TitularEnderezoPoboaciónTipo expr.Sup. exp.Outros bens

178829 35Jaspe Otero, RogelioElviña nº 38A CoruñaTotal1.376

278829 36Catoira Bermúdez, JuanaOs Mallos nº 97, 4º BA CoruñaTotal1.001

378829 37Vázquez Rojo, ÁfricaJuan Canalejo nº 18 A, 6º CA CoruñaTotal920

478829 38González Taboada, LuisAvda. Rubine nº 18, 13º esq.A CoruñaTotal928

578829 39Uzal González, AvelinoO Castro de Elviña nº 73 BA CoruñaTotal1.225

678829 40González González, JosefaParalela Manuel Murguía nº 2, 4º AA CoruñaTotal498

778829 41Doldán González, LuisPeñarredonda nº 2A CoruñaTotal498

878829 42Seijas González, AmparoA. Insua Rivas nº 27A CoruñaTotal2.596

978829 43Caridad Pedreira, AntoniaCarreira Cova nº 9A CoruñaTotal1.230

1078829 45Suárez de la Iglesia, MaríaEstrada O Castro de Elviña nº 1A CoruñaTotal599

1178829 46Teijido González, DignaO Castro de Elviña, nº 7A CoruñaTotal385

1278829 47Seoane Seijas, MaríaHistoriador Bedía nº 9, 1º, 1A CoruñaTotal912

1378829 48Seoane Seijas, MaríaHistoriador Bedía nº 9, 1º, 1A CoruñaTotal985

1478829 49Veira Fernández, JuanElviña nº 69A CoruñaTotal395

14 ASen ref.DescoñecidoDescoñecidoTotal104

14 BSen ref.DescoñecidoDescoñecidoTotal105

1578829 50Jaspe Otero, AntonioElviña nº 38A CoruñaTotal8.660

1679795 01Fernández Pérez, DoloresAvda. Pedro Barrié de la Maza nº 1

Apart. 404 Hotel Tryp

A CoruñaTotal2.114

1779795 02Regueira Fariña, PalmiraElviña nº 64A CoruñaTotal69

1879795 03Figueroa, MaríaO Castro de Elviña nº 11A CoruñaTotal504

1979795 50Fernández Fernández, JoséA Zapateira nº 44, baixoA CoruñaParcial480

2083829 01Jaspe Otero, AntonioElviña nº 38A CoruñaParcial11430 m de pechamento de muro de cachotería

2180755 07Orgeira García, LuisEstrada A Zapateira nº 32A CoruñaTotal230

2280755 08Camino Tojo, M. EladioMauricio Farto Parra nº 2, 6º BA CoruñaTotal3232 m edificación de planta baixa, categoría 4.2.1.9

2380734 05Iglesias Méndez, CamiloO Castro de Elviña nº 40A CoruñaTotal1.917

2480734 86Pérez Brañas, M. JosefaUrzáiz nº 83, 5º C VigoPontevedraTotal2.245

2577786 03Capelán Pardo, M. CarmenCancela de Fóra nº 7, 5º esq.A CoruñaParcial760

2677786 55Rodríguez Pardo, JuanO Castro de Elviña nº 6A CoruñaTotal228

2777786 56Rodríguez Pardo, JuanO Castro de Elviña nº 6A CoruñaTotal148

2877786 58Fernández Pardo, AmaliaSan Cristovo das Viñas. O IgrexarioA CoruñaTotal283

2977786 62Rumbo Veira, José A.Rúa Nova nº 3, 5, 2ºA CoruñaTotal360

29 ASen ref.Blanco Pardo, FernandoAntonio Insua Rivas nº 3 ElviñaA CoruñaTotal56

3077786 63Martín Gonzalo, CarmenO Castro de Elviña nº 77A CoruñaTotal99

3177786 67Castro Teijido, ManuelaO Castro de Elviña nº 33A CoruñaTotal669

3277786 68López Zapata, DoloresRúa A Golpa nº 13, 1º B PerilloOleirosParcial500