Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/258-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificac. L.A.T. D/C sub. Mos a sub. Atios.

Situación: Mos, Ponteareas, O Porriño.

Descricións técnicas: modificación da tensión da liña existente de 132 kV nomeada L.A.T. D/C subestación Mos a subestación Atios, pasándoa a 220 kV, no tramo que vai desde o apoio nº 39 da citada liña, de 7.616 m de lonxitude, ata rematar na subestación de Atios, aproveitando o conductor que é de LA-455 e os apoios existentes e nos casos necesarios cambiando as crucetas e suplementándoos para adaptalos á nova tensión. A instalación está situada nos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 16 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra