Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 225/2001, do 7 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de obra número 109 do Plan de Obras e Servicios (POS) 2000 Barreiros. Estrada de Vilamar a Reme e a San Xusto de Cabarcos. Mellora acceso a praias (concello de Barreiros).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 20 de xuño de 2001, aprobou o proxecto de obra nº 109 do Plan de Obras e Servicios (POS) 2000 Barreiros. Estrada de Vilamar a Reme e a San Xusto de Cabarcos. Mellora acceso a praias e na sesión do 28 de maio de 2001, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da deputación foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de xullo de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de agosto de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación a ocupación soamente a unha parcela que resulta imprescindible

para que a estrada poida ser dunha maior seguridade de cara ó tráfico rodado que se ve incrementado de forma notable ó dar acceso ás praias da zona, dotando así mesmo a zona dunhas comunicacións axeitadas ás necesidades reais xa que a estrada sitúase dentro da comarca denominada Mariña Oriental Lucense.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de obra nº 109 do Plan de Obras e Servicios (POS) 2000 Barreiros. Estrada de Vilamar a Reme e a San Xusto de Cabarcos. Mellora acceso a praias.

Santiago de Compostela, sete de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais