Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 223/2001, do 7 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alargamento e mellora de trazado da estrada provincial 2908, Arcade-Amoedo (concello de Soutomaior).

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 29 de setembro de 2001, aprobou o proxecto de alargamento e mellora de trazado da estrada provincial 2908, Arcade-Amoedo, e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Por parte da deputación foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de xullo de 2001.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data 1 de decembro de 2000.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación a urxencia das obras vén dada pola existencia, no actual trazado, de numerosas curvas e algunhas altamente perigosas polo que se fai precisa a construcción dunha vía rápida e segura que permita unha fluidez adecuada do tráfico entre as poboacións de Arcade e Amoedo evitando, deste xeito, a perigosa sinuosidade do actual trazado.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Pontevedra, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente admi

nistrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de alargamento e mellora de trazado da estrada provincial 2908, Arcade-Amoedo.

Santiago de Compostela, sete de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais