Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.801

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 2001 pola que se autoriza o centro privado Ábaco da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá e administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, e a supresión das ensinanzas de educación permanente de adultos.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Ábaco da Coruña, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá e administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, e a supresión das ensinanzas de educación permanente de adultos (autorizadas segundo a Orde do 29 de abril de 1993, DOG do 14 de xuño).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado Ábaco da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de mañá e administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-la supresión das ensinanzas de educación permanente de adultos.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: avenida Xeneral Sanjurjo, nº 132-1º.

Código do centro: 15027290.

Denominación: centro privado Ábaco.

Titular: Centro de Estudios Ábaco, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: informática.

Quenda de mañá:-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).

Quenda de tarde-noite:

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).