Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de setembro de 2001 pola que se autoriza o centro privado Castelao da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas e a supresión do ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes.

Examinado o expediente que presenta María Concepción Amor Alonso, titular do centro privado de formación profesional específica Castelao da Coruña, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas e a supresión do ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes (autorizado segundo a Orde do 3 de agosto de 2000 (DOG do 8 de setembro).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de

maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado Castelao da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-la supresión do ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: r/ Sinforiano López, nº 43.

Código do centro: 15032005.

Denominación: centro privado Castelao.

Titulares: M. Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).

Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade). -1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 20 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e márketing (1 unidade para 20 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).