Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle Agarimo (expediente 5998/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestimar, polas razóns expostas nos antecedentes do presente acordo, as alegacións presentadas por Mónica Marta Mateo García Barros, María del Carmen Pallarés Garrido e Francisco Fernández del Río, no período de información pública do procedemento de aprobación do estudio de detalle Agarimo (expte. 5998/411), excepción feita da relativa á necesidade de gradua-la altura da edificación que, de acordo co punto 3.3.1 das normas urbanísticas do PXOU de Vigo, se estima nos termos recollidos nos antecedentes deste acordo, modificándose, xa que logo, nos mesmos termos o estudio de detalle.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle Agarimo (expte. 5998/411), conforme a documentación presentada pola entidade Quecer, S.L. en datas 4 de maio, 6 e 26 de xuño de 2000 e 16 de maio de 2001, redactada polo arquitecto Manuel Bouzas Cavada, con datas de visado no COAG do 2 de maio e 5 de xuño de 2000 e 16 de maio de 2001, que incorpora a modificación que se deriva da devandita estimación da alegación relativa á graduación da edificación; os informes das concellerías de Medio Ambiente e Parques e Xardíns e comisión de seguimento do PEEC sobre medidas que se irán adoptar en relación coa edificación e árbores existentes na parcela que se vai ordenar; e a xustificación do cumprimento da Lei 8/1997 e o seu regulamento, aprobado por Decreto 35/2000, sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Terceiro.-Recordar expresamente á propietaria da parcela á que se refire o estudio de detalle que a comisión de seguimento do PEEC, en sesión do 30 de marzo de 2001, acordou informa-la Oficina de Planeamento que, dado o carácter de trasladable

e a catalogación como estructural da vivenda unifamiliar sita na parcela de referencia, para dar resposta efectiva ás esixencias do plan especial de edificios a conservar, débese, con carácter previo ó outorgamento de calquera licencia de derruba ou construcción na parcela, localiza-lo lugar de traslado de vivenda unifamiliar; solicitar e obter licencia de construcción/desmontaxe da vivenda catalogada, que contará con informe favorable da comisión do PEEC, sendo necesario que esta realice visita de inspección ó inmoble co fin de determinar se a propia especificidade deste reclama a adopción dalgunha cautela para a protección dalgún elemento interno e constituír aval que será determinado pola arquitecta municipal da Oficina de Barrios Históricos, que responda do efectivo traslado.

Cuarto.-Igualmente, recórdese expresamente á propietaria da parcela que, segundo informe dos técnicos das concellerías de Medio Ambiente e Parques e Xardíns do 15 de decembro de 2000, na parcela se atopan catalogadas como singulares un exemplar de Erythrina crista-galli L e outro de Fagus sylvatica L; como non catalogadas presentan interese dúas palmeiras Phoenix canariensis chabaud e catro camelias Camellia Japonia L. Como queira que no ámbito do estudio de detalle non se contempla ningunha zona verde que permita conserva-los exemplares na súa situación orixinaria o propietario ou promotor das obras que se irán realizar na parcela deberá proceder, a súa custa, á extracción e traslado das árbores indicadas, tendo en conta que o exemplar de Erythrina crista-galli L, deberá ser podado antes do seu transplante e co do Fagus sylvatica L haberá de ter especial coidado para non afecta-las construccións colindantes. As devanditas árbores deberán ser depositadas no viveiro municipal,

adecuadamente tratadas e con terrón, para a súa posterior plantación en zonas verdes municipais.

Quinto.-Procédase á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, segundo o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con notificación persoal ós propietarios afectados, así como ás comunicacións e traslados previstos no punto 3º do devandito artigo.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo