Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

Denominación do proxecto: gardería con oito unidades do primeiro ciclo.

Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento:

Prezo base de licitación: 89.710.101 pesetas (539.168,57 euros) (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 1.794.202 pesetas (10.783,37 euros).

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello nº 1, Ribeira (A Coruña) CP 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría c).

8. Presentación de ofertas:

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas:

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos:

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 19 de setembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Alcalde