Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación Os Corzás, así como a nova delimitación do polígono, tal como figura no plano nº 1 do documento.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de setembro de 2001, acordou a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para toda a área do plan parcial, tal e como se delimita no plano nº 1 de delimitación do ámbito do sector, suspensión que se extinguirá no prazo dun ano, e, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan parcial. O que se fai público en cumprimento

do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 17 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado