Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 14 de setembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas por José Quiroga López, Avelino López Camba, José Luis Rodríguez Pardo e Mª Josefa Pombo García, no sentido do informado.

Segundo.-Aprobar definitivamente o cambio de sistema na obtención de solo afectado polo sistema xeral viario VG-01 e sistema xeral viario VG-S1.01, de expropiación e cesión gratuíta do sector 1, respectivamente, polo de ocupación directa.

Terceiro.-Notifica-los interesados».

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

ParcelaParc. catastralTitular

15331902Descoñecido

25331901Descoñecido

34929101Consuelo Rey Pardo

44929102Descoñecido

54929103Descoñecido

64929104Descoñecido

74929120Concello da Coruña

ParcelaParc. catastralTitular

84929105José Pombo García e

Antonio José González Artiaga

94929107Dolores Concheiro Maceiras

105227402Antonio de la Iglesia Mantiñán

115227435Rafael Souto López

125227427Hdros. Ramón Pardo Castro

135227426Rafael Souto López

145227404Da igrexa

155227405Hdros. de Ramón Pardo Castro

165227425José Quiroga López

175227424Marcial Garrido García

185227423José María Galdo Goas

195224429Bermúdez de Castro y Pazo

205224455Descoñecido

215224454Manuela Castro García

225224431Mantiñán

235224432Santiago Mantiñán Candal

245224453Hdros. de Fco. Maceiras Rodríguez

255224433José Lamas Seoane

265224452Seoane Manuel

275224451Avelino Jul Prieto

285224450José Alvedro

295224457Herminia Catoira Mouriño

305224449Herminia Catoira Mouriño

315224458Da igrexa

325224448Herminia Catoira Mouriño

335224459Laura Pardo Cedeira

345224447Avelino Jul Prieto

355224420Epaat, S.L.

365224446Descoñecido

375224419Descoñecido

385124301Concello da Coruña

O expediente completo poderá ser consultado nas dependencias do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, nº 18, de luns a venres, das 12 ás 14 horas.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo