Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de licitación.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia de tramitación: Secretaría Xeral (teléfono: 986 57 01 65 ext: 320).

Obxecto: adquisición de camión de extinción de incendios.

Procedemento de concorrencia de licitadores: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Tramitación: ordinaria.

Financiamento: partida orzamentaria 503.624.00.

Tipo de licitación: 28.500.000 pesetas equivalente a 171.288,45 euros, á baixa, incluídos tódolos accesorios e gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Garantía provisional: 570.000 pesetas ou 3.425,77 euros.

Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato. Devolverase ó ano da entrega do vehículo.

Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio correspondente no DOG, no Rexistro de Licitacións da Secretaría Xeral, de 9 a 13 h. de ser sábado ou inhábil, trasladaríase ó día hábil inmediatamente seguinte. Non se admitirán proposicións por correo. Presentaranse en dous sobres: sobre A (coa documentación administrativa prevista no prego publicado integramente no BOP), e sobre B (coa proposición económica adaptada ó modelo, nos termos do prego publicado no BOP).

Apertura das proposicións: ás 12 horas do día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación de plicas. De ser sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Criterios para a adxudicación: menor prezo ofertado, mellor calidade do vehículo, melloras ofertadas no equipamento, ampliación do prazo de garantía e sistema de certificado de calidade segundo o baremo do prego publicado no BOP.

Adxudicación definitiva: pola Comisión Municipal de Goberno.

Gastos: por conta do adxudicatario.

Revisión de prezos: non se admite.

Responsabilidade do adxudicatario: segundo prego publicado no BOP.

Modelo de proposición: segundo prego publicado no BOP.

Información pública do prego: polo prazo e nos termos do artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Información adicional: ver prego publicado no BOP ou contactar coa dependencia de tramitación.

A Estrada, 17 de agosto de 2001.

O alcalde accidental

Rubricado