Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 14-9-2001 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de edificios de usos múltiples, o que se expón ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles, para que se poidan presenta-las reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

Anúnciase, ademais, a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso por trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 14.630.500 pesetas.

Fianza provisional: 292.610 pesetas.

Fianza definitiva: 585.220 pesetas.

Proposición: presentarase no rexistro de entrada do concello durante o prazo de 13 días, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría deste concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte (agás sábados), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Tf.: 988 46 75 06. Fax: 988 46 75 98.

Os Blancos, 18 de setembro de 2001.

José Juan Puga Quintas

Alcalde