Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto convocado para a adquisición de 300 vivendas en fase de proxecto en diversas localidades de Galicia (2001).

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 19 de xullo de 2001, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foi resolto o concurso de referencia, resultando adxudicatarias ás empresas seguintes:

1. Construcciones López Cao, S.L.

24 vivendas, garaxes e rochos en Ponteceso.

Importe: 214.031.136 pesetas, (1.286.353,03 euros).

2. Juan Sampedro, S.L.

31 vivendas, garaxes e rochos en Boiro.

Importe: 299.827.441 pesetas, (1.801.999,21 euros).

3. Joenfe, S.L.

41 vivendas, garaxes e rochos na Rúa.

Importe: 407.548.836 pesetas, (2.449.417,84 euros).

4. Construcciones Vila Río Miño, S.A.

12 vivendas, garaxes e rochos en Parga-Guitiriz.

Importe: 107.940.381 pesetas, (648.734,76 euros).

5. Construcciones Vila Río Miño, S.A.

14 vivendas, garaxes e rochos en Lugo.

Importe: 130.926.600 pesetas, (786.884,71 euros).

6. Promocións Urbáns del Noroeste, S.L.

20 vivendas, garaxes e rochos en Sarria.

Importe: 195.799.891 pesetas, (1.176.781,05 euros).

7. Xosvi, S.L.

12 vivendas, garaxes e rochos en Lourenzá.

Importe: 106.316.677 pesetas, (638.976,10 euros).

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo