Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foron adxudicados polo procedemento de concurso aberto, os seguintes contratos:

1. Título: obra de urbanización do SUNP 16-A Volta do Castro-Santiago de Compostela. Expediente: C-2000/URB 02.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 13-7-2001.

Adxudicatario: Constructora San José, S.A.

Importe: 445.965.099 pesetas (IVE incluído).

2. Título: obra de construcción de 10 vivendas, rochos e locais comerciais no polígono 35 no Calvario de Vigo. Expediente: PO-2000/020.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 27-7-2001.

Adxudicatario: deserto.

3. Título: construcción de 12 vivendas unifamiliares en Miño. Expediente: C-99/010.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 8-8-2001.

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe: 122.236.652 pesetas (IVE incluído).

4. Título: reparación de fachadas no bloque 2 da UVA 4 no polígono de Caranza-Ferrol. Expediente: C-2000/REP 07.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 8-8-2001.

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe: 64.840.999 pesetas (IVE incluído).

5. Título: construcción de 22 vivendas, garaxes e rochos en Celeiro-Viveiro. Expediente: LU-98/020.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 8-8-2001.

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe: 192.850.000 pesetas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo