Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 26 de setembro de 2001 Páx. 12.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador P-P-01/032 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no art. 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 24 de agosto de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/032.

Denunciado: Andrés Cal Cal. Comboa, Soutomaior.

DNI: 36073836.

Feitos denunciados: pescar sen licencia no encoro de Eiras, ás 11.05 horas do día 27 de marzo de 2001.

Data do acordo da incoación: 27 de abril de 2001.

Alegacións á incoación : non presenta escrito.

Data da proposta de resolución: 1 de agosto de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas. (300,51 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período dun ano.