Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.680

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servicio público de depuración de augas residuais urbanas.

Advertidos erros na transcrición da devandita lei publicada no Diario Oficial de Galicia número 161, do 21 de agosto de 2001, transcríbense a seguir as oportunas correccións.

Na táboa D) do anexo II, onde di: «D) Mocrocontaminantes inorgánicos de tipo tóxico», debe dicir: «D) Microcontaminantes inorgánicos de tipo tóxico».

Na táboa E) do anexo II, onde di: «E) Mocrocontaminantes orgánicos de tipo tóxico», debe dicir: «E) Microcontaminantes orgánicos de tipo tóxico».

No último parágrafo do anexo IV, onde di: «**Os seus valores serán fixados especificamente na autorización de vertido correspondente. O fósforo total e o nitróxeno total fixaranse, ademais, respectando eventuais declaracións de zona sensible que afecten as rías de Galicia. O nitróxeno total equivale á suma de nitróxeno Kjeldahl total (N orgánico+NH), nitróxeno en forma de nitrato (NO) e nitróxeno en forma de nitrito (NO)», debe dicir: «** Os seus valores serán fixados especificamente na autorización de vertido correspondente. O fósforo total e o nitróxeno total fixaranse, ademais, respectando eventuais declaracións de zona sensible que afecten as rías de Galicia. O nitróxeno total equivale á suma de nitróxeno Kjeldahl total (N orgánico+NH), nitróxeno en forma de nitrato (NO--) e nitróxeno en forma de nitrito (NO--)».