Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 13 de agosto de 2001, do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña (Pontevedra), promovido polo Concello de Moaña e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

O artigo 1.2º do Real decreto lexislativo 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, e con data 17 de abril de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental.

O proxecto ten como obxecto a clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña, situado no lugar denominado A Fraga, parroquia do Carme, concello de Moaña. O vertedoiro sitúase na marxe inferior da estrada PO-313, que comunica Marín con Moaña polo interior da península do Morrazo, a uns 7 quilómetros de Moaña.

No vertedoiro atópanse principalmente residuos urbanos soterrados sen pretratamento de incineración. Tamén existen residuos voluminosos de electrodomésticos, mobles vellos e verteduras incontroladas de entullos de obra, terra, madeiras, etcétera. O volume destes residuos no momento da redacción do proxecto estímase nuns 61.605 m, prevíndose que no momento da súa clausura acaden os 65.244 m.

Proxéctase a adecuación da masa de residuos para garantir unhas condicións óptimas de estabilidade e proceder posteriormente a illa-los residuos acumulados, controlar e xestiona-los gases xerados, con

trola-las augas superficiais como medida de reducción de lixiviados, captar, controlar e xestiona-los lixiviados producidos, e recupera-la calidade paisaxística da zona ocupada polo vertedoiro.

Na rexeneración proponse realizar unha sementeira de herbáceas e arbustivas e hidrosementeira de noiros coas seguintes especies: Lolium perenne (xoio), Festuca rubra (festuca encarnada), Tricophylla manior, Festuca ovina lariuscula (festuca), Poa pratensis (poa). Ademais, plantaranse 3 unidades de Alnus glutinosa (ameneiro), 9 unidades de Betula celtiberica (bidueiro) e 5 unidades de Pinus sylvestris (piñeiro).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras previstas no estudio ambiental presentado.

O estudio ambiental do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 12 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 128 de 3 de xullo de 2001. O certificado de exposición pública na delegación da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra recíbese con data 13 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data 12 de xuño de 2001 consúltase a dirección xeral de Saúde Pública, tendo entrada o informe elaborado por esta dirección xeral o 8 de agosto de 2001.

No anexo II resúmese o contido do antedito informe.

Realizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña, promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o concello de Moaña.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do concello de Moaña. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinado o documento Proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña. Marzo 2001 e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na presente declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Moaña.

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Rexerá o disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como o estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións meteorolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Controlarase que as emisións dos pozos de extracción de gas non sexan percibidas pola poboación do contorno. Co fin de controla-los posibles olores producidos polas emisións procedentes do vertedoiro, procederase á queima do biogás tal como se prevé no proxecto.

4. Sobre as augas.

Para a vertedura de efluentes, será preceptiva a autorización administrativa outorgada polo organismo Augas de Galicia.

Efectuaranse regas para evita-la emisión de po de xeito que se humecte o solo, pero evitarase que se formen anegamentos e regatos.

Terase en conta na execución dos movementos de terras e residuos que non se impida o libre fluxo de auga, evitando a formación de anegamentos ou doutras formas que dificulten a súa circulación.

Na fase posclausura, os lixiviados recollidos na balsa serán conducidos ata unha estación depuradora de augas residuais segundo o proxectado. Os lixiviados acumulados na balsa durante o mantenemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as partes da súa capacidade.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través das canles de intercepción proxectadas, incorporándose ó medio sen producir fenómenos erosivos mediante a colocación, se é o caso, de elementos disipadores de enerxía nos puntos de vertedura.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento, co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado, deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, procederase á rega regular e á fertilización mineral de reforzo anual, e á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e á reposición de marras no caso de que se produzan.

As especies que se van utilizar na revexetación deben ser autóctonas da zona.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

O peche perimetral deberá asegura-la súa función en todo momento.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na

avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódalas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes a remitir a esta dirección xeral.

As analíticas para realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar así mesmo a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:500 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra que non puideran ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2º desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, a contar desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no anexo 16. Plan de seguimento ambiental do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da efi

cacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos dende os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais ou nos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes últimos, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modificala lista dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se vaian realizar.

9. Condicións adicionais

9.1. O Concello de Moaña poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente a obra ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como

da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. A presente resolución adoptada por esta dirección xeral non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

SituaciónA Fraga, concello de Moaña
Superficie da parcela20.000 m
Volume de residuos actual61.605 m
Volume de residuos a selar65.244 m
Tipos de residuosRSU, algúns incinerados, voluminosos (electrodomésticos, mobles vellos...), verteduras incontroladas de entullos de obra, terra, madeiras...
Tipo de vertedoiroTipo terraplén
Uso do vertedoiro8 anos

Situación actual e situación prevista

coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drenes lixiviadosSiSi

Captación de lixiviadosBalsa cubertaBalsa cuberta

TratamentoNon (vertedura directa)Traslado a EDAR

GasesDrensNonSi

Captación Non10 pozos de captación pasiva

TratamentoNonNon

PluviaisFoxos de recollida perimetralNonSi

Punto de verteduraNonDepósito

CubertaLámina/capa ImpermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNonSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

Situación

actual

Proxecto

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento20 cm

Protección da capa de impermeabilizaciónXeotéxtil antipunzamento de 500 g/m
Capa de impermeabilizaciónLámina de PEAD de 2 mm de espesor

Capa de drenaxeXeodrén

Capa de cobertura30 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras.

A maquinaria empregada durante a fase de selaxe deberá cumprir coa lexislación vixente en materia de gases e ruídos de vehículos a motor. En caso de que non se cumpran os límites legais serán inmediatamente substituídas.

Os residuos perigosos que se xeren durante a fase de selaxe (aceites, envases empregados con residuos perigosos, etcétera) xestionaranse conforme a lexislación vixente.

Os materiais empregados nos labores de selaxe deberán cumprir tódolos controis de calidade e as especificacións técnicas necesarias.

Terase especial coidado en que o levantamento de po durante a fase de construcción sexa o menor posible, cinguíndose unicamente ás zonas proxectadas e realizando regas periódicas.

Na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Tratarase de evitar cheiros realizando as escavacións en épocas de baixas temperaturas, ausencia de vento e pluviosidade mínima.

Realizarase o control das augas superficiais e do sistema de desgasificación.

Inspeccionarase o estado da cuberta vexetal para repoñe-la capa vexetal ó efectua-las emendas necesarias.

ANEXO II

Resumo do informe

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe no que manifesta que estudiado o expediente remitido, e sen detrimento das competencias propias doutros organismos oficiais, informan favorablemente a clausura e selaxe do vertedoiro.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental