Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada polo instructor no expediente sancionador S-12/2001.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial o presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por caducada).

O interesado non formulou escrito de alegacións, polo que non se desvirtúa o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

O expedientado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que estime pertinente en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.

Lugo, 24 de agosto de 2001.

Mª Araceli Soutelo Ferro

Instructora

ANEXO

-Expediente: S-12/2001.-Denunciado: José Luis Sánchez Sánchez.-DNI: 33232254.

-Último domicilio coñecido: r/ Carlos Maside nº 6-1º D, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Feitos imputados: o día 17 de decembro de 2000, cando funcionarios do Servicio Provincial de Transportes da Xunta de Galicia en Lugo se atopaban prestando servicio de control das condicións xerais de transporte de alimentos e productos alimenticios a temperatura regulamentada na estrada N-IV, km 447 con dirección a Madrid, procederon a identifica-lo vehículo con matrícula PO-4930-AZ, con semirremolque matrícula C-04102-R, conducido por José Luis Sánchez Sánchez, que levaba 8 canais de terneira fresca e 22 palets de cortiza de porco conxelada, aloxadas no interior do vehículo sen ningún tipo de separación para diferentes temperaturas de transporte, figurando no termógrafo do equipo de frío unha temperatura de -10º C.

-Preceptos infrinxidos: artigo 35 A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulamentan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigos 7.1º, 8.2º e 10.1º do Real decreto 2483/1996, do 14 de novembro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulamentada; punto 69 do capítulo XV do anexo I do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas.-Cualificación de falta: leve.-Sanción proposta: 25.000 pesetas.