Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 17 de xullo de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000565-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramon y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000565-1.

Denunciado: Margarita Silva Muñiz.

DNI: 32418815-Q.

Enderezo: San Martín, 38. Naveira-Sésamo. Culleredo.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000618-1.

Denunciado: José Luis López Calvete.

DNI: 32779744.

Enderezo: Vila San Antonio 1-5º esquerda. Culleredo.

A Coruña, 17 de xullo de 2001.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora