Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 24 de setembro de 2001 Páx. 12.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/79-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba

o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar da Barra-Cales.

Situación: Coles.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 860 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. ó C.T. San Fiz e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. en Vilar. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta é individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aqueloutras que se estimen oportunas.

Ourense, 14 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/79Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar da Barra-CalesTermo municipal: Coles

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PerrelosMonte altoMª Lidia Vázquez Rodríguezr/ Basilio Álvarez, 1-1º A, 32001 Ourense1217204

2A ZarraPradoLuis Pereira CaoVilarchao, 17, cruzamento á Telleira, 32152 Coles67670

4A ZarraPradoAdelina Crespo MoureA Chabola, 32152 Coles17170

5A LagoaPradoCarmen Crespo Cordeiror/ Progreso, 161-5º A, 32005 Ourense2250500

6O PalomarPradoPredio FontefizVilar, 32152 Coles3, 443303.300

7O PalomarPradoPredio FontefizVilar, 32152 Coles5-6-7-8123363.360