Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.611

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2001 pola que se convoca concurso, procedemento aberto, para a adxudicación de diversa maquinaria e equipamento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés (Pontevedra).

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Constitúe o obxecto do contrato a adquisición, mediante a forma de concurso e polo procedemento aberto, dos seguintes bens:

-Lote 1: un (1) vehículo contraincendios de primeira intervención tipo pick-up dobre cabina-caixa 4x4 co equipamento complementario, e coas carac

terísticas técnicas que se indican no prego de condicións técnicas.

-Lote 2: unha (1) autoescaleira automática, para uso dos bombeiros, coas características técnicas que se indican no prego de condicións técnicas.

-Lote 3: equipamento parque de Ribadumia (material vario) coas características que se indican no prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

1. O importe de licitación para cada lote é o seguinte:

-Lote 1: un (1) vehículo contraincendios de primeira intervención: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas) (60.101,21 euros).

-Lote 2: unha (1) autoescaleira automática: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de pesetas) (360.607,26 euros).

-Lote 3: equipamento parque de Ribadumia (material vario): trinta millóns de pesetas (30.000.000 de pesetas) (180.303,63 euros).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento establecido como base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral do Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés.

b) Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.

c) Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP 36636.

d) Teléfono: 986 71 84 91.

e) Fax: 986 71 63 93.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día 2 de novembro de 2001.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 2 de novembro de 2001, ás trece horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Consorcio para o Servicio Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés.

2º Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.

3º Rexistro xeral: horario das 9 ás 13 horas.

4ª Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP 36636.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses a partir da data de apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ribadumia (Pontevedra).

b) Domicilio: avda. de Ribadumia, nº 2.

c) Localidade: Ribadumia (Pontevedra). CP. 36636.

d) Data: 8 de novembro de 2001.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios de publicación deste anuncio e dos que se publiquen noutros medios de difusión serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 11 de setembro de 2001.

Ribadumia, 11 de setembro de 2001.

María Salomé Peña Muñiz

Presidenta do Consorcio para o Servicio contra

Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés