Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.612

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO de concurso público para o alleamento de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no polígono industrial de Pazos en Verín, Ourense.

En virtude do convenio do 18 de maio de 2001 entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense), para a xestión do alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no polígono industrial de Pazos en Verín, na provincia de Ourense, infórmase de que:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se especifican no anexo, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no polígono industrial de Pazos en Verín, na provincia de Ourense.

Termo municipal: Verín.

Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendidas as comerciais, industriais, servicios, etc.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso poderá examinarse en Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª, en Ourense, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as ofertas presentaranse en man e en sobre pechado, coa documentación esixida no prego de bases, nas oficinas de Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª, en Ourense, en días hábiles excepto sábados, das 10 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións será de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas realizarase ás 12 horas do día seguinte hábil ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

Prezos: os prezos que se establecen no anexo teñen o carácter de prezos mínimos, de maneira que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior.

O prezo de alleamento realizarase en concepto de corpo certo, polo que non caberá reclamación ningunha pola diferencia de superficie.

Ourense, 13 de setembro de 2001.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

ANEXO

ParcelaSuperficie

(m)

Pesetas/mPrezo

(pesetas)

IVE 16%Total

pesetas

A-74.0524.000

24,4

16.208.000

97.412,04

2.593.280

15.585,93

18.601.280

112.997,97

A-111.2004.000

24.04

4.800.000

28.848,58

768.000

4.615,77

5.568.000

33.464,35

A-121.2004.000

24,04

4.800.000

28.848,58

768.000

4.615,77

5.568.000

33.464,35

A-131.2004.000

24,04

4.800.000

28.848,58

768.000

4.615,77

5.568.000

33.464,35

A-142.4104.000

24,04

9.640.000

57.937,57

1.542.400

9.270,01

11.182.400

67.207,58

A-152.9994.000

24,04

11.996.000

72.097,41

1.919.360

11.535,59

13.915,360

83.633,00

B-102.7914.000

24,04

11.164.000

67.096,99

1.786.240

10.735,52

12.950.240

77.832,51

B-112.0724.000

24,04

8.288.000

49.811,88

1.326.080

7.969,90

9.614.080

57.781,78

B-122.4424.000

24,04

9.768.000

58.706,86

1.562.880

9.393,10

11.330.880

68.099,96

B-132.4924.000

24,04

9.968.000

59.908,89

1.594.880

9.585,42

11.562.880

69.494,31

B-143.1054.000

24,04

12.420.000

74.645,70

1.987.200

11.493,31

14.407.200

86.589,02

B-152.3644.000

24,04

9.456.000

56.831,70

1.512.960

9.093,07

10.968.960

65.924,78

Total113.308.000

680.994,78

18.129.280

108.959,16

131.437.280

789.953,94