Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

Anúnciase concurso público para a adxudicación das obras do Plan de mellora e saneamento da vertente sur da ría de Arousa, de acordo co proxecto técnico e co prego de cláusulas administrativas particulares aprobados ó respecto; o orzamento de licitación é de 6.528.000 euros.

As proposicións poderán presentarse ata as 14 horas do 29 de outubro, no rexistro da mancomunidade (con sede no Concello de Cambados), en sobres pechados, coa documentación e características esixidas no prego de cláusulas administrativas, e o acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Cambados, ás 12 horas do día 31 de outubro de 2001.

O prego (no que se inclúen diversos modelos) e a restante documentación poderán solicitarse na secretaría da mancomunidade.

Cambados, 30 de agosto de 2001.

José M. Cores Tourís

Presidente