Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 2 de agosto do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación que a seguir se relaciona:

1. Obxecto: xestión indirecta, mediante concesión, do servicio público de atención á primeira infancia na gardería municipal.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Prezo: o que se estableza na proposición que resulte elixida polo órgano de contratación.

4. Prazo: dez anos, prorrogable expresamente por períodos bianuais.

5. Garantías.

a) Provisional: duascentas mil (200.000) pesetas, (1.202,02 euros).

b) Definitiva: sete millóns (7.000.000) de pesetas, (42.070,85 euros).

6. Obtención de documentación: o proxecto da obra e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.

7. Prazo de presentación das proposicións: 20 días naturais seguintes á publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día vixésimo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

8. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

9. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

10. Modelo de proposición.

D./Dna...., maior de idade, veciño/a de..., con domicilio en..., titular do CIF nº..., en nome propio (ou en representación de..., con domicilio en..., con NIF/CIF nº...) apercibido do concurso público por procedemento aberto convocado polo Concello de Viveiro para adxudicar mediante concesión a xestión indirecta do servicio de atención á primeira infancia na gardería municipal de Viveiro, manifesta:

1º Que coñece o prego de cláusulas administrativas rexedor da contratación, ó que presta a súa total conformidade.

2º Que propón

* Opción A. Aboarlle ó Concello de Viveiro un canon anual de... (en letras maiúsculas e número) pesetas. (O canon pode ser unha cantidade fixa, incrementada anualmente segundo o IPC do ano anterior, ou ben unha porcentaxe sobre resultados).

* Opción B. Asumi-lo servicio facturándolle ó concello unha cantidade anual por importe de... (letras maiúsculas e número) pesetas, IVE incluído.

(Lugar, data e sinatura do licitador).

Viveiro, 6 de agosto de 2001.

César Aja Mariño

Alcalde