Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PERI C-SU-UA-6 Galindra (expediente 4964/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 30 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior do polígono C-SU-UA-6-Galindra (Castrelos), promovido pola entidad mercantil Cysugal, S.A., segundo proxecto e planos redactados polos arquitectos Emilio Estévez Fernández e José Antonio González González, visado polo COAG en datas respectivas 30-5-2001 e 29-3-2001 (expediente 4964/411).

Segundo.-Aprobar inicialmente a modificación do sistema de actuación do polígono C-SU-UA-6-Galindra, de cooperación polo de compensación, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con notificación individualizada á entidade promotora, ó Centro Sociocultural de Castrelos e demais interesados polo mesmo, na forma legalmente prevista.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte da última publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei do de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 11 de setembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo