Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa, por procedemento aberto, da parcela 1-B do proxecto de compensación do polígono 1 do SUP-5 da Choupana.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo do predio obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 377.950.422 pesetas, IVE incluído.

Neste prezo non están incluídos os custos de urbanización que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe este contrato.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (7.559.008 pesetas).

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33; fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado