Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 24 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polí

gono G7.01 (rúa do Pozo) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, coas modificacións nas bases que se sinalan a continuación:

Quinta.-Criterios de valoración de dereitos:

3. As indemnizacións a favor dos arrendatarios rústicos e urbanos fixaranse de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa, lexislación de arrendamentos, artigo 137 do Regulamento de xestión urbanística, criterios dos xurados provinciais de expropiación avalados pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e, máis concretamente, en arrendamentos urbanos teranse en conta: a) dificultade de substitución do arrendamento en condicións análogas e, especialmente, a derivada da diferencia de rendas, b) gastos de traslado, c) valor de melloras realizadas no inmoble cando a súa percepción lle corresponda ó arrendatario.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente ós que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se achega, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora que, unha vez rematado o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, se deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Carlos Hernández López.

Sexto.-Requirir da comisión xestora e, no seu nome, de César Pérez Maldonado, que ingrese na Caixa Municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de corenta e catro mil catrocentas sesenta (44.460) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación do ingreso da dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obs

tante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes; e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

Esta publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

Comunícase, así mesmo, que á solicitude de adhesión á xunta de compensación terán que lle xunta-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afectan os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requíreselles que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na avda. de Alfonso Molina nº 5, baixo exterior, teléfono: 981 15 04 88, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda