Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 26 de abril de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Someter á información pública o expediente de aprobación inicial da determinación do sistema de actuación da unidade de actuación nº 28, polo período de vinte días inserindo para tal efecto anuncio no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen convenientes, servindo o presente anuncio de notificacións, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por ser ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 20 de agosto de 2001.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde