Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución nº 482/2001, do 20 de agosto de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización, (correspondente ó estudio de detalle aprobado inicialmente por decreto de alcaldía 206/2001, do 7 de maio), segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto José Antonio Vázquez Rodríguez, colexiado nº 2009, e promovido por Luis Cordero Ramos, en representación de Sociedad Corinsua Promociones, S.L. que se vai realizar no predio sito en Moruxo, parroquia de Moruxo, neste concello.

Acórdase, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, durante o prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Bergondo, 20 de agosto de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente