Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da obra de abastecemento e saneamento en Presqueira (obra nº 115/POL/2001), o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite urxente, aínda que as licitacións se aprobarán, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Baños de Molgas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto de contrato. Descrición.

A execución da obra de abastecemento e saneamento en Presqueira (obra nº 115/POL/2001), conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro industrial Manuel Enrique Posada González. Prazo de execución por contrata e tipo de licitación: 16.153.000 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Domicilio: Samuel González Movilla nº 2, Baños de Molgas-Ourense.

c) Localidade: Baños de Molgas, CP 32701.

d) Teléfono: 988 43 00 00.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación: dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexerán a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Baños de Molgas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación (excepto sábados).

9. Gastos de anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario da obra.

Baños de Molgas, 13 de setembro de 2001.

P.D.

Eladio Mangana Nóvoa

Primeiro tenente alcalde